Os resultados do debate aberto en Internet (lavozdegalicia.com) sobre si o galego esmorece ou no foron rotundos: casi un oitenta por cento dos internautas participantes pensa que sí e un vinte por centro que non. «Algo falla cando hoxe en día os fillos dos mariñeiros e dos compesiños falan cada vez mais en castelán», escribe un dos participantes. Outro dos internautas pensa que «o que esmorece é o galego, gracias á política anti-normalización da Xunta». Moitos dos mensaxes colgados na Rede refírense a actual situación do galego, que se vería reflectida na falta de calado social dos actos Día das Letras Galegas, polo menos en algúns lugares de Galicia xa que noutros, como é toda a Costa da Morte, tódalas asociacións e os concellos organizan actividades. Unha opinión bastante común é que «convertir en festivo o Día das Letras Galegas foi a mellor forma de desmobilizar os mais activos defensores do idioma xa que durante ese día facíanse moitos actos positivos para o seu uso», escribe un lucense. Os autores que son homenaxeados tamén son motivo de opinión e así Emiliano Dasouza escribe desde Pamplona que «me parece increible que aún no le hayan dedicado ese día a dos escritores de la talla de Valle-Inclán o Emilia Pardo Bazán. ¿Acaso estas personas son menos gallegas que Castelao y sus colegas?».