«Non deixo que a realidade me estropee unha novela»

La Voz

TELEVISIÓN

Carlos González Reigosa, narrador de relatos de fuxidos e contrabandistas

08 may 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

Carlos González Reigosa (Lagoa de Pastoriza, Lugo, 1948), ten abordado nas en novelas e relatos historias dos fuxidos na serra da Corda, do maquis, do contrabando de tabaco e, agora, do narcotráfico. -¿Sinte especial interese polos que están fóra da lei, polo delicto? -Non, non é eso. Sinto unha certa fascinación polos espacios de aventura. Non porque señan legales ou ilegales. Para min é un espacio de aventura a emigración, a pesca no Gran Sol, o narcortráfico, foino o maquis... E na medida en que hai espacios de aventura intento facer unha ficción, nunca unha reportaxe. Sempre digo que non deixo que a realidade me estropee unha boa novela, porque non me interesa saber como é o viño ou outra persoa, senón facer o personaxe que eu quero, pola mesma razón, probablemente, que a Mario Puzzo non lle interesaba nada nen coñeceu nunca a ningún mafioso, e fixo un Don Corleone. E todo o mundo pensamos que ése é o de verdade, non estamos seguros que os outros fosen tan auténticos. -¿Que narco crea nesta novela? -Nesta novela hai unha continuación de A guerra do tabaco, na que había unha épica de fondo, que non era outra que a do contrabando de tabaco, que nace nos 70 do contrabando en xeral de fronteira con Portugal. -E daquela escola nacen os narcotraficantes. -Na guerra do tabaco había uns señores que ata certo punto teñen pouco rechazo social. Para a xente que se beneficia dese negocio eran pequenos Robin Hood, porque no fondo a quen perxudican é a Facenda Publica, que sempre é unha cousa abstracta. O negocio segue sendo extraordinariamente grande, porque o 10% do tabaco que se consume na Unión Europea é de contrabando. Pero o do cen por cen da droga é de contrabando. Así que unha parte da rede do tabaco galego dexenera cara o contrabando de coca, na fase en que era relativamente fácil. É a que eu describo en Narcos, que xa non é o do proceso de internacionalización de agora, no que a droga xa non entra por Galicia. -¿Son piratas modernos? -Diría que si, que non están moi lonxe deles en canto que as súas accións matan. A diferencia está en que os narcos non se xogan a vida coma os piratas. Non lles atribuiría a ética positiva que lles damos ós piratas. -¿O caracter do galego é propenso a este tipo de aventuras? -En parte si. Aínda que cando estudiaba o tema para documentarme, era moi parecido como operan en Nápoles a como o fan aquí. Non distinguiría nada especial en Galicia. Pero, na medida en que o que fan conleva un risco, non se lles pode negar aquelo que dicía La Rochefoucauld: «hai heroes igual no ben que no mal».