A celebración do Día das Letras Galegas marca un dos cumios anuais do sector O amarelo morreu nas mimosas e revive nas xestas. É sinal de que xa pasou medio maio. Chegan as Letras Galegas e, con elas, a primavera dos libros. Os títulos van xurdindo, ás veces moi vencellados á natureza («A memoria das árbores») (Kalandraka), poboando os escaparates das librerías. A maioría das novidades son de literatura infantil é xuvenil. Os editores, e sobre todo os encargados do marketing, tamén pensan nos pais: «Se sábe-lo que come o teu fillo, ¿como é que non sabe-lo que lle gusta ler?».
22 may 2000 . Actualizado a las 07:00 h.Como as margaridas de maio, algunhas das novidades literarias deste mes son agardadas polos seus seguidores. É o caso de O Golfiño (Xerais), que chega o séu número cinco. A mesma editorial vén de publicar, dentro da colección Cabalo Buligán, dous números de Contos de maxia, dos lucenses Xosé Miranda, Antonio Reigosa e Xoán Ramiro Cuba, con ilustracións de Sergio Casas e Lázaro Enríquez.Claro que non todos son contos. Para que os rapaces estudien algo están O meu mundo é o globo onde vivo e Democracia contra dictaduras, que forman parte do proxecto de Xerais xea-clío.Para aprender é tamén outra colección de contos que leva por título Cabaliño Alado, de Combel, selo da editorial Casais. Esta «é unha colección de contos pensada para ser contada e para que os máis cativos, que se inician na lectura, poidan ler sós», explican fontes da editorial. Segundo a idade dos lectores, hai tres apartados: Paso, Trote e Galope.SondecontoTamén Everest Galicia engade títulos á súa colección Montaña Encantada coa nova serie Pájaros de Cuento, pensada para pequenos de máis de oito anos. Manolo Uhía escribe e ilustra ¡Piratas na buguina!, mentras que Maruxa Olavide é a autora de As cinco amigas, con ilustracións de María Fe Quesada.A memoria das árbores é o primeiro número doutra nova colección que ten como lema Sondeconto. Este é un libro-disco froito da colaboracíón entre Kalandraca Editora e a Orquestra Sinfónica de Galicia. A principal novidade deste proxecto é que o texto, de Xosé Neira Cruz, foi escrito polo autor a partir da peza musical Enfantillages, unha composición para piano escrita a finais do século pasado polo compositor coruñés Marcial de Adalid.