¿Cómo serán as granxas do futuro? O Campus Terra organiza unha xornada para descubrilo

Ábrese o prazo de inscripción para o seminario «Smart Farming, Novas Tecnoloxías na Producción de Leite» que terá lugar no campus de Lugo o 12 de setembro


redacción

Smart Farming, Novas Tecnoloxías na Producción de Leite. Ese é o título da xornada organizada polo grupo de investigación Proxectos e Planificación (PROePLA) do Campus Terra da USC, que está enmarcada  dentro do Plan de Transferencia Tecnolóxica ao Agro Galego 2019, financiado a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader). O evento terá lugar no salón de actos da EPS de Lugo o 12 de setembro. 

 Durante a mañá o coordinador de PROePLA, Manuel Marey, dará unha charla titulada A investigación en Smart Farming: perspectiva da Spanish Journal of Agricultural Research (SJAR). Tras esta intervención a doutoranda Alba Vázquez falará das futuras oficinas agrarias virtuais e o subdirector xeral de Formación e Innovación Agroforestal de Agacal, José Antonio Portos, disertará sobre o impulso da innovación agraria desde a Axencia Galega da Calidade Alimentaria.

Máis alá da intervención de académicos, varias compañías do sector como Alltech, Aresa, Corteva-Pioneer, DeLaval e Durán Maquinaria presentarán o seus ñultimos avances neste campo. Pola tarde os participantes acudirán a unha explotación de Castro de Rei, onde as empresas participantes farán unha proba práctica de cómo usar a súa maquinaria aplicandoa no día a día da producción láctea.

Aquelas persoas interesadas en participar na xornada deberán inscribirse a través do enderezo electrónico proepla@gmail.com. O prazo de inscrición estará aberto desde hoxe ata o vindeiro 10 de setembro. As prazas son limitadas.

Newsletter Somosagro

Recibe todas las semanas la información más relevante del sector primario

Votación
1 votos
Tags
Comentarios

¿Cómo serán as granxas do futuro? O Campus Terra organiza unha xornada para descubrilo