«A partir dos 30 anos un burato negro fai desaparecer as mulleres científicas»

Raúl Romar García
r. romar REDACCIÓN / LA VOZ

SOCIEDAD

JOSE PARDO

López Díaz tamén cre que segue existindo un «machismo» encuberto que lles impide progresar

11 feb 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

En colexios, institutos, universidades, centros de investigación, museos científicos... Galicia está ateigada hoxe de actos para conmemorar a celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Aínda que máis que unha celebración é unha reivindicación, porque a pesar dos avances aínda queda moito por facer, a todos os niveis, para que a igualdade tamén sexa real neste ámbito. Así o cree Ana Xesús López Díaz, presidenta da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT-Galicia). O teito de cristal segue vivo.

-Vostedes hoxe teñen unha xornada na que analizarán a presenza das científicas nos medios de comunicación. ¿Tamén son invisibles neste ámbito?

-Dende logo a súa visibilidade é moito máis baixa que a dos homes e cando se fala de achegas científicas o tratamento no é absoluto o mesmo. O ano pasado, cando lle deron o Nobel de Física a Dona Strickland, pois resulta que non aparecía na Wikipedia. Debe ser que decidiron que non era o suficientemente importante. E as mulleres tamén se lles fai unha pregunta que non se lle fai aos homes: ‘¿Cómo fas para conciliar?' E se facemos estas preguntas reforzamos a idea de que quen ten que dedicarse ao coidado da familia son as mulleres.

-¿Seguen a estar discriminadas as mulleres na ciencia?

-Si, a discriminación é clara, non é un invento. O último informe de Científicas en Cifras vese claramente. Seguen manténdose exactamente os mesmos problemas, segue o teito de cristal. A nivel universitario hai máis mulleres tituladas que homes, pero a medida que avanzamos na carreira científica imos desaparecendo, e a min que non me digan que é algo natural, porque en absoluto o é.

-¿É como un burato negro?

-Algo así. O burato negro ocorre sobre os trinta e pico anos, cando tes que decidir que queres facer ca túa vida, se queres ter unha familia e unha estabilidade. Nese momento, a presión social, familiar e do entorno sobre as mulleres é moi distinta a que sofren os homes. E hai incluso moitas parellas que levaron paralelamente unha carreira científica e que, cando se presenta esta situación de querer unha certa estabilidade, quen renuncia para conseguila é a muller. Hai un problema gordo, porque non se asume que os homes teñen que asumir as mesmas responsabilidades familiares.

-¿E machismo?

-Hai realmente un machismo encuberto na ciencia. Inconsciente, moitas veces, aínda que noutras é claramente consciente para impedir a promoción das mulleres, o que tamén fai que vaian desaparecendo.

-¿Qué se pode facer?

-Hai unha parte social e educativa que ten que cambiar. Hai que fomentar xa desde pequenos que a conciliación é cousa de dúas persoas. Despois hai que implantar políticas de acción positiva para axudar as científicas e hai unha medida que penso que é fundamental, aínda que tamén para todos os ámbitos: que os permisos de maternidade/paternidade sexan iguales, obrigatorios e consecutivos, porque se son simultáneos vai seguir reproducíndose o esquema de sempre.

-As accións positivas as que se refire non sempre son populares.

-Ten que haber medidas de acción positiva, aínda que sexan impopulares en moitos ámbitos, para favorecer que entren as mulleres no sistema. Se hai que dicir que entre antes unha muller que un home, pois haino que dicir.

-E en Galicia, ¿a situación é igual ou cambia algo?

-E a mesma ou peor. A política científica que ten a Xunta... Dedica pouco a investigación, desapareceron os proxectos, as bolsas predoctorais e doctorais son cutres. E inventaron un sistema para o reparto das becas posdoctorais para favorecer as mulleres, pero en realidade as prexudicaban. En cuestión científicas, Galicia está peor que outras comunidade e, se en conxunto está peor, as mulleres científicas tamén.

-Nas enxeñarías e carreiras tecnolóxicas, as STEM, as mulleres o número de mulleres segue a baixar. ¿É algo preocupante?

-Todas as carreiras que son de ciencias duras e tecnolóxicas están moi masculinizadas e iso é un problema moi grave, ao tempo que están moi feminizadas as biomédicas, co que se reforzan os estereotipos da muller coidadora das persoas. O feito de que haxa poucas mulleres nas Stem é grave, porque son carreiras que teñen un moi bo futuro, que son cruciais para o desenvolvemento tecnolóxico e científico dun país, e se non estamos aí representadas a fenda salarial vai ser cada vez máis grande, co cal a desigualdade vaise incrementar.

 

Dolores Pérez, la mujer que creó el CIQUS: «Nos hacen falta referentes»

Es el único centro de investigación en Galicia que puede presumir de contar entre sus miembros con cinco científicos distinguidos por alguno de los elitistas programas del Consejo Europeo de Investigación (ERC). Y el único al que esta misma institución europea ha concedido tres pruebas de concepto para llevar sus proyectos al mercado. Es el Centro Singular de Investigación en Química Biológica y Materiales Moleculares (CIQUS) de la Universidade de Santiago, cuya creación fue liderada por una mujer, Dolores Pérez, actual directora adjunta. Su apuesta es por el talento, venga de donde venga. Y en esta estrategia empieza a repuntar de forma destacada el talento femenino, como prueba el hecho de que sus tres últimas incorporaciones bajo el paraguas del también muy exigente programa Ramón y Cajal son mujeres.

«En los últimos años nos hemos esforzado por captar talento, y sin son mujeres mejor, aunque no las seleccionamos por serlo, sino por su capacidad», resalta Dolores Pérez. En la actualidad hay cinco científicas líderes de grupo, una con un Starting Grant del ERC, y unas cuantas más en disposición de serlo, lo que tiene más mérito aún al tratarse de un campo como la química, que no genera una gran devoción entre las mujeres. Pero aún quedan retos. «Lo que no puede ser —advierte Pérez— es que tengamos un 50 % de doctorandos y luego la mayoría no siga con la carrera científica hasta el final». Por ello cree vital «que nuestras jóvenes se conviertan en referentes. Las necesitamos, porque ahora las posiciones más altas de la carrera académica están dominadas por hombres».