Álex Doval, futuro alcalde de Oroso: «A gratuidade da AP-9 de Sigüeiro a Santiago é a alternativa á variante da N-550»

Olimpio Pelayo Arca Camba
O. P. Arca SANTIAGO / LA VOZ

OROSO

Sandra Alonso

Defende a redacción dun novo PXOM que permita dispoñer de espazos para vivendas unifamiliares no rural para aumentar poboación

02 jun 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Alexánder Doval (Sigüeiro, 1990) é o licenciado en Políticas e en Dereito que deixará o seu traballo no gabinete da conselleira de Mar para ser a partir do 17 de xuño alcalde de Oroso.

—Pese aos seus 32 anos, ten vostede xa unha longa traxectoria na vida municipal de Oroso.

—Oito anos de oposición. Case nada. De oposición dura, de traballo, construtiva pero contundente, senón non fas a túa labor.

—Dá vertixe chegar tan novo á alcaldía?

—Vertixe non, o que dá é un sentimento de responsabilidade. Tivemos unha maioría absoluta moi ampla e agora temos que responder aos veciños, que eles vexan que nos mereciamos ese respaldo que nos deron. Imos traballar para iso.

—Maioría absoluta a terceira vez que foi cabeza de lista. É importante dar tempo aos candidatos a consolidarse?

—Importantísimo. Cando me presentei por vez primeira no 2015, con 24 anos, asumín o posto dous meses antes das eleccións. Cuns meses, ou cun ano, pouco pode facer un candidato, por moi bo que sexa, e non digo que fora o meu caso (sorrí). Tes que ter marxe: nós chegamos onde chegamos porque recorremos as parroquias e as aldeas 20 veces. Podo dicir que lle sei o nome ao 80 % dos veciños.

—Recupera para o PP a alcaldía despois de 21 anos. Moitas felicitacións do partido?

—Si. De Rueda, de Diego Calvo, de moitos conselleiros cos que teño trato, de alcaldes da comarca e, o máis bonito, de afiliados de base de Oroso, que ao final son os que che axudaron a chegar aí. Porque isto non é grazas a min, é por todos, téñoo clarísimo.

—Dixo que o primeiro será analizar como está o Concello por dentro. Algún temor especial?

—Nestes días puxéronse en contacto comigo provedores que levan sen cobrar facturas desde xaneiro e mesmo do ano pasado. Isto non me gusta, porque ademais un autónomo ten que adiantar o IVE. Preocúpame se non se paga por deixadez, o que é malo, ou por outro problema, que é peor.

—Aparte desa revisión, cales serán as súas prioridades?

—O noso programa era claro: nenos, maiores, rural e intentar rebaixar algún imposto. Xa anuncio que nos acolleremos ao canon de Sogama que supón o desconto do 15 % do recibo do lixo, que non custa nada ao Concello; outros impostos dependerá da situación que nos atopemos. En nenos, vai de centros educativos a conciliación, e o novo pavillón, que terá neles os principais usuarios. Nos maiores, o noso modelo é Frades, que os atende con fisioterapia, podoloxía, perruquería e habilidades cognitivas. Está para licitar o servizo do SAF, veremos como podemos artellalo.

—Outras cuestións escapan ás competencias municipais, como a variante da N-550.

—Nós dixemos desde o principio que estamos en contra do trazado da variante, que corta pola metade Trasmonte, Deixebre e Oroso, e imos pedir que se anule o expediente. Penso que non se ía facer nunca: eran 32 millóns antes da pandemia, e hoxe podería ser o dobre. Hai que intentar que haxa menos tráfico pesado en Sigüeiro e imos traballar nunha resposta sinxela: a gratuidade para todos os vehículos do tramo Sigüeiro-Santiago da AP-9, que ten unhas peaxes desproporcionadas, é a alternativa á variante.

—Falou tamén dun novo PXOM.

—O polígono é o gran motor económico do Concello, no que tamén ten peso importante o sector servizos. Temos que seguir mellorándoo e ver se o ampliamos. E un PXOM novo é moi importante, con terreo para vivendas unifamiliares, para gañar poboación tras anos de estancamento.

—Terá dedicación exclusiva?

—Si. Aínda non sei cantas dedicacións haberá, pero o goberno do PP terá menos custe para os veciños que o bipartito PSOE-BNG.

—Ten definido o goberno?

—Na miña cabeza, máis ou menos está. Por exemplo, é de caixón que a número 2 [Lidia López], farmacéutica no rural, ten todo o sentido que leve Servizos Sociais. O resto das áreas hai aínda moito tempo para encaixalas.

Mano tendida de Álex Doval y felicitación de Luis Rey

El PP de Oroso cimentó su triunfo electoral en los 2.054 votos que le supusieron 7 ediles: el 45,57 % de apoyo superó en cerca de dos puntos el 43,78 % del PSOE en el 2019, cuando con 1.880 votos logró seis ediles. Los socialistas perdieron el domingo 182 votos (1.698 logrados) y un edil (sumaron 5), frente a los populares que ganaron 727 papeletas y tres concejales más. El BNG mantuvo un acta con 481 votos, 99 más.

Oroso Renovable, con 539 papeletas en el 2019 y dos ediles, no concurrió, y tampoco Ciudadanos, que había logrado 122. Alternativa Oroso, novedad en esta convocatoria, obtuvo 204 votos.

Tras el recuento, fair play de los partidos mayoritarios a través de las redes sociales. Doval habló de «resultado excepcional, unha maioría clara e contundente» para gobernar sin depender de otros: «Aínda así, man tendida aos socialistas e ao BNG para aportar e construír un Oroso mellor». El socialista Luis Rey hablaba de un claro mensaje de las urnas y añadía: «Apoiastes un cambio e elixistes darlle unha oportunidade ao PP, ao que felicito desde aquí pola vitoria».

El BNG, por su parte, mostró su alegría por el aumento de votos, aunque insuficiente para evitar la llegada del PP a la alcaldía; aseguró que hará la mejor oposición posible «e que Álex Doval vai sentir o noso/voso alento en cada decisión que tome».