Música e chocolatada para iniciar o programa de Nadal en Ames

La Voz SANTIAGO

AMES

As actividades comezarán co acendido do alumeado o próximo xoves, día 4

28 nov 2025 . Actualizado a las 20:55 h.

Ames acenderá o seu alumeado de Nadal o vindeiro xoves 4 de decembro na praza do Concello de Bertamiráns, nun evento que inaugura oficialmente a programación festiva do municipio. A partir das 18.00 horas, veciñanza e visitantes poderán gozar das actuacións da EMMA e dos coros Amessán do Milladoiro e Bertamiráns, que darán ambiente musical á tarde. Como é tradición, repartirase chocolate con churros, que este ano se servirá baixo o sistema das Prebadaladas para que o público poida desfrutalo mentres se desenvolven as actuacións.

O Concello anima a acudir con atrezos típicos do Nadal para crear unha estampa chea de cor. O arranque do alumeado marcará o inicio doutras propostas que se desenvolverán nas próximas semanas, entre elas o concurso «Ilumina o teu sorriso», pensado para reforzar o espírito festivo e dinamizar o comercio local. É unha programación participativa que reactive as rúas, involucre á cidadanía e contribúa a vivir un Nadal máis próximo e comunitario.