Diego Campos-Juanatey é o autor de «Historia industrial Vidán-Laraño»
10 abr 2026 . Actualizado a las 04:50 h.O complexo industrial promovido en 1792 polo comerciante compostelán Jacobo Pérez Villamarín, formado por unha fábrica de curtidos de peles, outra de papel e varios muíños fariñeiros, é o punto de partida da publicación «Historia industrial Vidán-Laraño», obra do arquitecto Diego Campos-Juanatey.
Neste traballo, publicado polo Consorcio de Santiago e Teófilo Edicións, o autor reconstrúe a evolución da zona a través da análise histórica e arquitectónica dos seus principais elementos. Deste xeito, recupera a memoria dun espazo hoxe transformado.
A alcaldesa, Goretti Sanmartín, destacou na presentación a importancia de botar luz sobre barrios e parroquias que agochan unha historia intensa pero pouco coñecida.