«Danzade» une en Santa Marta baile tradicional e creación contemporánea

La Voz

SANTIAGO

Xan Duro e Gustavo Couto presentan a terceira edición de Danzade de Et Suseia Danza
Xan Duro e Gustavo Couto presentan a terceira edición de Danzade de Et Suseia Danza .

Este venres haberá obradoiros e o sábado espectáculo, incluindo unha actuación de Et Suseia Danza

19 mar 2026 . Actualizado a las 04:50 h.

Días 20 e 21 • Centro sociocultural Santa Marta • A compañía Et Suseia Danza impulsa mañá venres e o sábado a terceira edición do proxecto «Danzade» para ofrecer unha reflexión sobre o baile tradicional galego e a súa confluencia coa danza contemporánea desde unha perspectiva de xénero.

Na xornada inicial celebrarase un obradoiro no que os participantes afondarán sobre os pasos, ritmos e dinámicas do baile tradicional á vez que reflexionan sobre o seu contexto actual. Está dirixido a maiores de 14 anos e empezará ás 19.30 horas no centro sociocultural Santa Marta. É precisa inscrición previa. O sábado chegará o espectáculo «Danzade» a partir das 19 horas. Nel participarán, entre outros, os Armadanzas de Laraño. Ademais, Et Suseia Danza representará «O que non se ve». A iniciativa foi presentada onte polo concelleiro de Centros Socioculturais, Xan Duro, e o director do proxecto, Gustavo Couto.