A primeira xornada da cita compostelá tamén inclúe foliada na Casa das Crechas
24 sep 2025 . Actualizado a las 04:55 h.A creación galega protagonizará a xornada inaugural do festival Maré esta noite. A partir das 20.30 horas abrirán as portas da Sala Capitol para acoller as primeiras actuacións. O concerto comezará coa formación galega Carabela, que ofrecerá un espectáculo que navega entre o pop, a electrónica e o folclore. Despois, será a quenda de Felisa Segade, que estreará unha proposta con motivo deste festival. Esta primeira xornada tamén inclúe foliada na Casa das Crechas (22 horas).