
Haberá caldo de gloria nos locais hostaleiros e na Fundación da autora
13 feb 2025 . Actualizado a las 04:55 h.O Concello de Padrón festexará o Día de Rosalía o vindeiro día 23 con música, gastronomía e desfile de xigantes, ao que se lle unirán os diversos actos institucionais. Unha programación á que hai que engadirlle a desenvolvida pola Fundación da escritora.
Os actos darán comezo ás 13.30 horas no centro da vila cunha alborada cos xigantes de Rosalía e de Castelao cedidos para a ocasión polo Concello de Rianxo. De xeito paralelo, establecementos hostaleiros de Padrón ofrecerán degustacións de caldo de gloria, unha receita inspirada nos versos da propia Rosalia. Xa pola tarde, ás 18 horas, celebrarse a tradicional ofrenda floral diante da estatua da autora de «Follas novas» no paseo do Espolón.
Os actos continuarán na Casa de Rosalía, onde ás 19 horas o cociñeiro Alberto Carou, do restaurante Curral do Marqués de Rianxo, elaborará o caldo de gloria. Como peche, a cantante Antía Muíño ofrecerá un concerto.