De Ninghures converterá a Sala Capitol nunha auténtica «feira» o 13 de marzo

La Voz

SANTIAGO

ARANCHA BRANDÓN

A banda, con representación da Costa da Morte, vén de dar a coñecer o último adianto do seu vindeiro disco. «En fin, que máis dá» é un canto á amizade

08 feb 2025 . Actualizado a las 00:16 h.

Día 13 de marzo • A banda galega de música folk De Ninghures recalará o vindeiro 13 de marzo na Capitol de Santiago para convertela nunha «feira». Precisamente, «Feira» é o nome do seu vindeiro disco, que verá a luz proximamente, e que presentará en directo na sala compostelá. Nesta cita, a banda De Ninghures estará acompañada por varias artistas convidadas. As entradas saíron xa á venda na páxina web www.salacapitol.com, cun prezo de 15 euros (mais gastos de xestión), mentres que na billeteira custará 18 euros.

Algúns dos temas deste novo disco xa se coñecen, caso de «O último baile» e «Corazón Alionado», entre outros. Entre outros tan destacados, de feito, como «En fin, que máis dá», o que será o último adianto do traballo e que veñen de dar a coñecer este mesmo venres. Trátase dun canto á amizade, din, inspirado no blues do deserto. O tema, producido por Juan de Dios Martín e con Xoel López como guitarrista, captura o espírito do compañeirismo, a imaxe das estradas interminables e a maxia do instante De Ninghures son realmente de moitos lados, con representación tamén da Costa da Morte, pola parte que toca, entre outros, do carballés Hadrián García.