A Fundación Rosalía de Castro recupera o evento Abride a fiestra

La Voz PADRÓN / LA VOZ

SANTIAGO

PACO RODRÍGUEZ

O festival será o próximo día 17, cunha xornada de portas abertas

11 jul 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A Fundación Rosalía de Castro de Padrón recupera o festival Abride a fiestra para conmemorar o 15 de xullo, data do pasamento da escritora e que este ano coincide co 50 aniversario da apertura da Casa de A Matanza. O festival será o día 17, cunha xornada de portas abertas na casa, que acollerá diferentes manifestacións culturais tendo a Rosalía como figura central. Entre os protagonistas do día está Verto, revelación musical da música galega; Berlai e Uxía en formato trío co proxecto Rosalía Pequeniña para os nenos. Tamén haberá conferencias, presentacións de libros, teatro, contacontos, astronomía e ata unha feira.