Banda Bassotti encabeza o Festigal

La Voz

SANTIAGO

ROI FERNANDEZ

O cartel dos días 24 e 25 de xullo complétano outras seis formacións

14 jun 2019 . Actualizado a las 23:52 h.

O Festigal contará na súa próxima edición coa Banda Bassoti, que encabezará un cartel no que estará acompañada por outros seis grupos. Os italianos, que levan desde 1981 sobre os escenarios, actuarán o día 24 de xullo en Santiago. «Son referencia na música contestataria polas súas letras de carácter antifascista, de solidariedade internacionalista e dos dereitos dos pobos», asegurou Lucía Veciño, da Fundación Galiza Sempre, que xunto a Galiza Nova organiza a cita.

Tamén o día 24, no Campus Vida, a partir das 22.00 horas, actuarán De Ninghures -o grupo gañador do concurso Novos Valores-, Brassica Rapa e Arrythmia. Ao día seguinte, a música chegará a partir das 17.00 horas coas Pandereteiras de Verducido, DudeCan e Güintervan.

O Festigal, que foi presentado onte, tamén incluirá a Galería das Letras, con presentación de novidades literarias, así como diversións para crianzas no espazo infantil, palestras e debates na Galería das Ideas, ademais das zonas de tendas, artesanía, asociacións e xantar.

Volverá a haber un espazo para a acampada cun prezo de 4 euros. Para acudir é necesario inscribirse na web do Festigal.