1O IX Festival de Contrabaixo «Ludwig Streicher» inagurouse onte na Escola de Altos Estudos Musicais.O programa deste ano incluirá intérpretes da talla de Damián Arenas, Carlos Méndez e Ernst Weissensteiner, entre outros. Ademais da música de cámara e orquestral esta edición contará cun apartado de jazz. Tamén haberá un ciclo de conferencias, os días 9, 10 e 12. No tocante aos concertos, o día 10 completarase o programa con «Esemble fonos 21». A maioría das actividades estarán abertas ao público e a entrada será de balde.
2A Feria Hábitat Valencia do moble realizou onte a súa presentación en Compostela. Este evento producirase en Valencia do 20 ao 24 de setembro e servirá para que as empresas galegas do sector se promocionen. Segundo Miguel Agromayor, da Asociación Empresarial de Comercio de Mobles de Galicia «é unha oportunidade para expandir o comercio a outros países como Rusia, dada a situación actual».
3A VII edición de Lecer e Pesca concentrou a máis de 80 pescadores na praia fluvial de Seira, en Rois. Participantes de toda Galicia reuníronse no coto de Rois nesta festa deportiva da pesca para os máis pequenos. Ademais da xornada lúdica, celebrouse o campeonato xuvenil para federados, con 24 participantes. O clube Londra, representando a Rois, acadou o primeiro e sexto posto con Ángel Iglesias e Jesús Canicoba respectivamente.