Actividades

La Voz

SANTIAGO

17 mar 2011 . Actualizado a las 11:44 h.

1. Unha idea: coa sección dunha tenda de campaña canadense (triangular) e unha de iglú (semicircular) pódense suxerir numerosos problemas matemáticos.

2. E de Matemáticas a Lingua, porque seguro que algunhas verbas desta páxina necesitan un repaso. Por exemplo, «contribuínte», «nómade», «fenómeno de masas», «campismo libre»...

3. No texto fálase de que o home primitivo comezou vivindo en covas. A semana pasada confirmábase que o dente de raposo atopado no 2009 na cova Eirós, en Triacastela (¿onde queda iso?), ten nada menos que 26.000 anos, e que foi convertido nun obxecto ornamental.

4. ¿Por que non facerse o sueco por uns días? Claro que para amar a natureza non fai falta ir de cámping. É algo que se pode practicar todos os días respectándoa. ¿Que cres que se podería mellorar ao redor do teu centro? (por certo, a expresión «facerse o sueco» aparece, en español, a mediados do século XVIII).

5. Planifica unha acampada de, por exemplo, tres días nunha tenda para catro persoas. ¿Con quen irías? Se so tiveses espazo para oito cousas ademais da túa roupa, ¿que levarías? ¿E a onde irías? ¿A que distancia está da túa casa? ¿Por que aí?

6. Este xornal tómase moi en serio a educación medioambiental. Se o teu centro pertence á rede de Voz Natura xa sabes de que falamos. E, se non, sería boa idea coñecer de que va ese programa na súa web: www.voznatura.com