Docentes da USC e da Escola de Idiomas no instituto Rosalía

La Voz

SANTIAGO

O profesor Benevides Maurício participa no programa Desde o galego, caminho da Lusofonia , organizado para alumnado de cuarto de secundaria do instituto Rosalía. Interveñen tamén outros docentes de portugués da USC e da Escola de Idiomas.

-¿Que coñecía da lingua galega?

-Case nada. Nos estudos universitarios só tiña coñecido a Literatura Galego-Portuguesa medieval, e a Historia da lingua referida a ese período. Cada vez vexo máis proximidade entre o portugués falado en Angola e o galego.

-¿Nota algo de menos para residir aquí?

-Non, aquí hai cousas que non hai en Luanda e faltan outras, iso é o normal. Para min a vida aquí é parecida á de Portugal.