Neto dun dos fundadores do Castromil e avogado da empresa cando derrubaron o histórico edificio

La Voz

SANTIAGO

O avó paterno tiña o bar Compostelano, na avenida Figueroa, e foi o fundador, con Evaristo Castromil, dos autobuses Castromil e quen mercou o edificio do CityBank para a empresa como conselleiro delegado e xerente que foi. Óscar era o avogado dos Castromil cando pelexaban por impedir a demolición do histórico edificio. Conta que tivo graves problemas xurídicos co alcalde López Carballo, artífice de expediente de demolición, «que alegaba que era o desexo expresado polo ministro franquista Camilo Alonso Vega, e que iso para el era unha orde». Subliña que foi un proceso político e longo, «como tampouco houbo maneira de ir contra os intereses polos que López Rodo tiña claro facer a estación de autobuses onde está hoxe e non preto da estación do tren».