Sixto Seco

LUPASI

SANTIAGO

TRIBUNA | O |

17 feb 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

DIEGO XELMÍREZ quería achegar o mar a Santiago a través dun canal polo río Sar. A feliz idea quedou en suspenso. Agora que se está a falar da instalación de grandes portos, sería doado que os composteláns comezáramos a reivindicar o proxectiño do noso arcebispo. Don Xosé Parga Moure, compostelán de pro, creou a Naviera Compostela, na que os barcos levaban os nomes dos ríos galegos. A súa insignia (a bandeira galega coa cruz de Santiago) navegaba polos portos da Península e Canarias, levando o acento galego. Polos 50, de volta do asteleiro de Astano, en Perlío, contabamos coa compañía de Agustín Sixto Seco, e entre nós foise creando un forte lazo de amistade e de respeto ás ideas. No seu funeral en Boisaca, recordei algunhas vivencias e lembranzas. Deume a coñecer o epitafio que figura no cemiterio do seu pobo natal: «Como te ves, me vin; como me ves, te verán». Sempre recordarei a Agustín coma un bo amigo. Así mo demostrou en 1971, cando acolleu ao decano dos emigrantes arxentinos, un tío avó meu, organizando un acto na Casa da Matanza en Padrón onde se fixo unha ofrenda ante a tumba de Rosalía. Naquel momento díxome: «Non teño ningún medo, o fago por respeto e convicción, o meu pai foi socialista e perseguido polas súas ideas». Gracias, amigo. Moitos esperamos que o teu nome apareza nalgunha rúa desta Compostela que tanto quixeches.