Da moda ao botellón

La Voz

SANTIAGO

16 nov 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

A moda está nunha instalación de claves difusas do grupo Behol, do que forma parte o galego Pablo Castro xunto con Alex Gutwil, Miren Mancisidor e Cristina Mayordomo. Propoñen, mediante roupas de deseño minimal, unha mirada á arte como escaparate. Complétase cun video con estractos du filme de Godard Alphaville . é unha serie de Germán Gómez, fotos de dous homes manipuladas a base de coser rasgos dun no outro. A única creadora é Mariela Cádiz, cunha instalación audiovisual montada como un teatro de espellos na busca da indentidade. O debuxo achégao La Cabeza Caliente (David Fernández e Javier Aristi, apaixoados por Basquiat e os seus graffitis), que crea historias moi corporais e expresivas con signos do cómic e da publicidade e variedade de simbólos. E quedan o vídeo e obxectos «de» cuarto de baño de David Trullo; e o que Javier Núñez Gasco realizou «inmolándose» a si mesmo coa prática do botellón, coas cervexas nunha especie de cinto.