Con esta peza escrita polo desaparecido escritor e xornalista Carlos Casares o Centro Dramático Galego inicia unha nova etapa na que producirá unha montaxe infantil cada dous anos. -¿«As laranxas» é un espectáculo só para nenos? -É un espectáculo para todos os públicos, adultos e nenos, e aos nenos non lle podes ir con tonterías. Eles ademais son moito máis libres como espectadores que o público adulto porque teñen menos prexuizos e entón quédanse coas cousas máis inopinadas. -¿Cal é a súa valoración destos vinte anos de existencia do CDG? ¿Queda moito por facer? -Este xa é un tema moito máis complexo, pero eu penso que queda moito por facer, e incluso a renovación do propio Centro Dramático. Penso que xa vai chegando ese momento. Non por nada senón porque é lei de vida, e fai falta porque se non escureceriamos un pouco o espectáculo.