Bens públicos

LUPASI

SANTIAGO

TRIBUNA | O |

13 ago 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

EN 1872 o Concello compra, no Ensanche compostelano, unha parcela de 6.700 metros, entre as rúas de Montero Ríos, Xeneral Pardiñas e Alfredo Brañas, que se entrega mediante concesión á Fábrica de Gas y Electricidad, que tivo a súa continuidade en General Eléctrica Gallega e finalmente na todopoderosa Fenosa. Neste longo proceso houbo boas e malas intencións, e moita desidia municipal. En 1911 o Concello acorda, en pago d débeda que tiña coa Sociedade de Gas e Electricidade polo alumeado público, a cesión dos terreos que ocupaba, aprobando o correspondente convenio transaccional sen atender o rogo dos concelleiros López Pol, Pasín Romero e Novo Campelo, que o consideraban de dudosa legalidade. O concelleiro Pancho Candela solicita, na primera corporación democrática, a devolución da parcela, como consecuencia do alleamento desta por parte de Fenosa e a solictude de licencia de edificación polo comprador da mesma. O Concello solicita dictamen «non vinvulante» á Universidade, que conclúe que «Fenosa ha podido disponer legalmente de los terrenos, que fueron legalmente usucapidos por la misma». O equipo de goberno cedeu, sen outro informe nin accións legais perante os tribunais, o que resulta inexplicable xa que a lexislación establece que os bens de dominio público son inalienables, inembargables e imprescriptibles.