Saneamento

LUPASI

SANTIAGO

TRIBUNA | O |

14 ene 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

XA CHEGOU o 2004, e con él a subida xeneralizada e anunciada dos artículos básicos que máis afectan ás economías familiares, sobre todo tendo en conta que o redondeo do euro non nos favoreceu en nada. Agora cos novos impostos a cesta da compra tocará fondo antes de tempo. Hai anos acudiamos a tenda máis cercana e o amigo tendeiro, comprensible, «fiaba» sen cobrar ningún recargo. Nos tempos modernos, as grandes áreas comerciais non teñen corazón e puntualmente pasan o cargo e os intereses correspondientes. Tamén nos veñen anunciando que imos ter contrapartidas na sanidade pública e que terminarán coas listas de espera. Obxectivo encomiable, pero totalmente ilusorio. Neste contexto, convén recordar o «canon de saneamento» da Xunta de Galicia creado pola Lei 8/1993 do 23 de xuño, onde se nos dicía que se configuraba este imposto como un tributo de carácter finalista destinado á unha directiva da Unión Europea, que pretende finalizar no ano 2015 co saneamento de tódolos núcleos rurales dos 314 municipios que ten a nosa Comunidade Galega. Con data 10 de noviembre de 2000 o goberno autonómico anunciaba na Voz de Galicia un Plan para sanear os núcleos rurais, fixando como data de límite o ano 2015. No caso de Santiago, con 255 núcleos de poboación, non se coñece, a día de hoxe, nada dese anunciado Plan e os veciños están á espera desa información. E así van pasando os anos, e o canon de saneamento se segue aplicando puntualmente por lei, no abono do recibo da auga, obrigándose as compañías subministradoras na súa aplicación. O Ministerio de Medio Ambiente ten en marcha un Plan Hidrolóxico Nacional para as Comunidades de Asturias, Cantabria, Castilla-León, País Vasco e Galicia, por un montante de 2.044.067.282 euros.