O Pen Clube premia os 50 anos de escritura de Graña

La Voz M. B. | SANTIAGO

SANTIAGO

El Cronómetro | Bernardino Graña Setenta autores galegos de tódalas tendencias déronse cita no Hotel Palacio do Carme no xantar de homenaxe ó escritor galego

13 dic 2003 . Actualizado a las 06:00 h.

? Pen Clube entregou o primeiro premio que otorga esta entidade a Bernardino Graña nun acto de verdadeira confraternización, dentro do espíritu do Pen Clube caracterizado pola «fraternidade entre os escritores e a defensa da libertade de expresión», como expresou o seu presidente, Luís González Tosar. Entre os escritores asistentes destacou a presencia de consagrados como Xosé Luís Méndez Ferrín, Víctor Freixanes, Alfredo Conde, Luz Pozo Garda, Isaac Díaz Pardo e Xavier Alcalá, e a presencia das novas xeracións de autores. Precisamente o acto foi aproveitado para acoller no Pen Clube a seis novos membros: Marcos Valcárcel, Román Raña, Miro Villar, Caride Ogando, López Silva e Xavier Seoane. Representantes dos diversos departamentos culturais da Xunta, do Xacobeo, do Consello da Cultura Galega, das asociacións de escritores, editores, traductores e periodistas e do Pen Club de Marruecos estiveron presentes. Méndez Ferrín, como mantedor do acto, fixo unha evocación da traxectoria de 50 anos como escritor de Bernardino Graña, desde a publicación por Brais Pinto do seu primeiro libro, O home que quixo vivir . Ferrín glosou a súa traxectoria poética, como autor teatral, narrador, prosista e investigador. González Tosar foi quen entregou a Graña o primeiro premio da entidade, consistente nunha peza orixinal do escultor Francisco Pazos, e que se lle concede «pola súa traxectoria literaria». O galardoado evocou cando en 1977 intentou crear, con outros autores, o centro galego do Pen Club Internacional, sendo daquela non aceptado por ser unha literatura que carece de estado. Ata 1989 non se crearía.