Os últimos núcleos de poboación que se integraron na rede de saneamento foron os de Casal e Gronzo, na parroquia de Brión e o de Chave de Carballo, en Bastavales. No ano entrante está previsto que se executen os traballos en Xinzo e Beca, en Bastavales e nos de Aguiar e Brans de Arriba, xa con consignación económica para comenzar as obras. Tódalas redes de saneamento están conectadas coa depuradora de Ortoño que comparten os concellos de Ames e Brión. Un proxecto paralelo mediante un convenio cunha financiación compartida entre o Concello de Brión e maila Consellería de Política Territorial, afectará ós núcleos de Gundín, Bullo e Lago. De tódalas parroquias urbanas e rurais que compoñen o municipio, foi a de Ons -na parte alta e rural de Brión- a primeira en ter rematados os servicios de saneamento, depuración e traída de augas, coa excepción de tres casas que serán conectadas á rede xeral no vindeiro ano. Actualmente, a única parroquia brionesa que non conta con estes servicios é a de Cornanda, onde segundo Xosé Luis García «seguramente a aldea de A Graña será a primeira».