Os rapaces de Santa Comba poderán participar nos campamentos Val de Barcala

La Voz E. F. | SANTA COMBA

SANTIAGO

16 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

Logo de moitos anos organizando conxuntamente Negreira e A Baña os campamentos Val de Barcala, que se celebran cada verán no campo de San Roque, na localidade de Corcubión, no 2003 como principal novidade súmase á iniciativa o Concello de Santa Comba. Os campamentos incluirán un total de tres quendas ou turnos. A primeira será do 16 ó 27 de xullo para nados entre os anos 1988-91. A segunda será do 27 de xullo ó 7 de agosto para os nados entre os anos 1992-96. Por último, do 7 ó 14 de agosto serán os nados antes do ano 1988 e para premonitores dos campamentos. As inscricións estarán abertas nos tres concellos mencionados ata o 10 de xullo, cun prezo de 25 euros por persoa, e de vinte en caso de participar máis dun irmán da mesma familia. A cooperativa Feiraco colaborará coma noutras edicións mediante a doazón de leite e iogures. Segundo un dos responsables dos campamentos, a participación de Santa Comba non só permitirá incrementar o número de participantes, senón contar cunha maior dotación económica para sufragar os gastos dos máis pequenos.