Abe Rábade, pianista compostelán É un Tete Montoliu en versión compostelán, tanto que en casa ten un premio que leva o nome do xenial músico. Non é o seu único galardón. Tamén posue o segundo premio do Festival de Getxo. Alí gravou un primeiro disco que onte presentou en Santiago, Babel de sons .
21 mar 2002 . Actualizado a las 06:00 h.Antes de fin de ano espéranlle outros dous retos: un novo disco e actuar no Festival de Jazz de La Habana. -¿Moitos galardóns en pouco tempo? -Eu non creo nos premios, porque entendo que é unha maneira de trivializar un traballo. Pero é sen dúbida unha oportunidade que axuda a conseguir outras cousas, como difundir unha música, a túa. -Non é moi usual atopar un galego metido no jazz. -Ó principio si que me sentía como un bicho raro, pero unha vez que entras no circuito decátaste de que hai máis xente que está interesada neste tipo de música. Por exemplo, os compañeiros cos que fun cinco anos a Estados Unidos. Se non marchara, agora tería unha idea vaga do jazz. -¿Compostela non é un bo lugar para empezar? -A vida dun músico de jazz é nómada e en Santiago paso moi pouco tempo. Pero en calquera cidade atopas conexións coa música que che gusta. Este é un tipo de composicións para a que non hai fronteiras. É unha globalidade. -Quizais falten locais cos que crear unha canteira. -Hai algún no que se crea unha auténtica comunidade en torno o jazz. En Compostela hai moita xente detrás que fai cousas por esta música, temos sesións de música, alguna escola que aposta polo jazz... -E ¿pódese vivir do traballo desta música? -Di o baixista do grupo que non nos faremos millonarios con esto. Pero podo vivir coa música porque no último que penso é en gañar cartos.