EMMA ARAÚJO EL CRONÓMETRO Rudy Lamas Gesto, novo edil do PSOE de Ames
24 ene 2002 . Actualizado a las 06:00 h.Ten Rudy Lamas cara de estudiante, non de alguén que onte asumiu a responsabilidade de meterse de cheo en política como edil da oposición socialista de Ames. A súa toma de posesión estivo cargada da solemnidade de quen se estrena na tarea. Por iso repartiu bicos a todas e ofreceu a súa man a tódolos compañeriros de corporación. Os guiños chegáronlle, como era lóxico dos do seu partido. Eso si, a todos chamou a atención a súa primeira intervención. Pediu a palabra, expresou a súa ledicia por representar ós seus veciños e solidarizouse cos compañeiros da vida política no País Basco. -¿Como chega un rapaz de 21 anos á política? -Levo dende os dezaseis anos militando no PSdG-PSOE, non estiven nas Xuventudes Socialistas, e fun o candidato máis novo deste Concello. Fíxeno porque pensei que podería servir para facer algúns cambios, eliminar algúns tics que hai en política. Temos que superar o descuido que hai ca xente nova. -¿Como ve un rapaz novo do PSOE as recentes manifestacións de estudiantes? -Demostramos que algo nos interesa saímos á rúa. As protestas da LOU foron un paso adiante para todos. -¿Cal é o primeiro pensamento despois da toma de posesión? -Emoción, sobre todo pensado que sempre quixen asumir a representación da cidadanía. Pensei, como dixen no pleno, nos compañeiros de Euskadi que son igual ca min. Estudian, traballan e fan política para os seus veciños. Paréceme lamentable que teñan que pagar cas súas vidas. -¿Que traballo tes pensado desempeñar dende a oposición? -Dedicareime a políticas xuvenís e de medio ambiente, no partido e no Concello.