Un mercadiño navideño

La Voz

SANTIAGO

05 dic 2001 . Actualizado a las 06:00 h.

Seguro que a moita xente lle gusta máis a salsa que as panxoliñas. Pero trátase de crear un ambiente adecuado á época e á ocasión. O programa está ben se se fai con certo gusto, porque as grileiras mecánicas soan de 12 a 14 e de 16 a 21 horas, en horas puntas comerciais. E debería haber máis cousas, actividades que de verdade convidaran a pasear e a atoparse con trasnoitadas costumes, tradicións que non está de máis manter e novidades incorporadas doutras culturas que xa forman parte de nós. En Compostela falta un mercadiño navideño. Coma os que fan nas prazas maiores e paseos concurridos doutras cidades. Non só lle daría encanto á zona monumental, senón que sería unha agradable alternativa para o ocio ou mesmo para centrar un mercado de cousas que só alí se poderían atopar reunidas: musgo, corcho e figuriñas de barro e ate de plástico para montar o nacimento; abetos e adornos para decorar a árbore que xa está en tódalas casas; lazos de cores, de seda e sintéticos para armar paquetiños de agasallo; tarxetas de felicitación e adobíos de toda clase para crear esa idea, tantas veces falsa, de que a felicidade se monta coma un belén. O proxecto existiu, pero faltaron os cartos.