CAMILO FRIOL MI CALLE
27 sep 2001 . Actualizado a las 07:00 h.Para os que nunca conseguimos orientarnos polo nome das rúas direi que se corresponde coa que dá entrada a Ruta. ¡Ah, falaramos! Agora si que queda completamente claro e sobre todo para os seres máis noctámbulos da cidade. Coma as miñas compañeiras de piso-comuna. O outro día sentados á mesa da furgoneta (no salón non colle máis que a mesa, coma naquel de El bus, pero en pequeno), contáronme que ían deixar de ir porque xa non é o mesmo, que perdera a súa esencia dende que na memoria da xente se esqueceron as dúas cifras que servían de apelido ó lugar. Agora son elas as que teñen que toma-la iniciativa. «Me llevas a casa», lle dixo a unha delas un aposto mozalbete o outro día. «Sí, pero a la mía», valeulle decir á conductora. Elas queixaránse, pero eu case que prefiro así. Pero Ruta non o é todo naquela zona. O teatro Galán ocupa un lugar moi importante na rúa Gómez Ulla, e na Neira de Mosquera hai unha escola de jazz. Tamén preto da discoteca era sonado no seu tempo o estarabouzo da cafetería La Cabra. Foi un dos primeiros locais da cidade que ofertou entretemento en vez de tapas, é decir, xogos coma o Trivial Poursuit ou o Risk polos pedazos de tortilla. Como complemento, moito fume de tabaco. redac.santiago@lavoz.com