«É unha mostra representativa»

La Voz

SANTIAGO

PACO RODRÍGUEZ

CONCHA PINO A ENTREVISTA Mercedes Rozas Caeiro, comisaria da exposición «Diálogos co silencio» A serenidade coa que fala Mercedes Rozas Caeiro explica o temple desta muller. Ela é a comisaria responsable da dificil escolla dos dezeoito creadores plásticos galegos que reúne a mostra inaugurada onte na iglexa de San Domingos de Bonaval, «Diálogos co silencio». «Non están tódolos artistas que quixera _di Mercedes_, pero é unha mostra representativa. Está o pasado, o presente e o futuro, a vixencia de estilos e a renovación». É a primeira que lle dedica á arte galega a programación da Capitalidade Cultural do 2000.

05 sep 2000 . Actualizado a las 07:00 h.

A traxectoria profesional de Mercedes Rozas no complexo mundo artístico está ligada ó ámbito institucional, aínda cando traballa «como autónoma». Foi a comisaria de exposicións do Xacobeo, algunhas da Consellería de Cultura para o programa Galicia Terra Única, e para a Fundación Granell. A exposición aberta ate finais de setembro en Bobaval é a primeira que organiza por encargo do Concello compostelano. _¿Esta mostra parte dun proxecto presentado por vostede? _Responde a un proxecto que fixen eu, pero a petición da concelleira responsable da capitalidade Cultural, Teresa García_Sabell, que quería montar unha exposición con artistas galegos. Presenteille un proxecto, que aceptou, e, en función dos seis millóns de presuposto de que dispuxen, traballei na montaxe. _¿Por que elixeu o silencio como tema da mostra? _Gústame moito a poesía de Valente, así que cando cheguei á iglexa de Bonaval para ver o espacio para a exposición non dudei cal sería o tema que lle daría unha certa unidade. E ós artistas pareceulles ben, e aínda que uns foron máis fieis ca outros a esta idea. Pero penso que o conxunto responde á ese espíritu que emana este espacio tan impresionante.