O espazo Illa Virtual contará con 100 ordenadores para realizar consultas e outras accións solidarias.
05 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.Co nome de Illa virtual coñécese o espazo que se celebrará dentro da Conferencia Internacional de Voluntariado e Novas Tecnoloxías e no que os participantes poderán atopar 100 ordenadores para realizar consultas sobre distintos temas de voluntariado e solidaridade. Ademais, tamén terán a oportunidade de levar a cabo accións directas de ciberactivismo e voluntariado on-line. Estes ordenadores estarán dispostos no hall principal do Pazo de Congresos de Santiago de Compostela durante os tres días que dura o evento. DISTINTOS OBRADOIROS Asimesmo, durante as tardes dos días 7 e 8 de abril, organizaráse na Illa virtual o obradoiro Cibervoluntarios para a seguridade do menor en Internet e contra a pornografía infantil, que será impartido por Guillermo Cánovas, Presidente de Protegeles.com. Guillermo Cánovas é profesor, escritor e experto en temática adolescente. Neste senso, realizou numerosos estudios sobre as características e problemas da infancia e a adolescencia actuales. Ademais, é asesor en prevención de drogodependencias e violencia xuvenil. Os organizadores aseguran que a relevancia social deste tema na actualidade e a posibilidade de empregar o soporte informático foron determinantes á hora de decidir a bifuncionalidade deste espazo. O acceso á Illa virtual é libre para tódolos congresistas durante toda a mañá e ata as 18.30 h, momento no que dará comezo o obradoiro e, polo tanto, a entrada estará regulada xa que só poderán asistir ó mesmo aqueles persoas que estén inscritas. Volunet pretende ser un espazo que ten como obxectivo facilitar, en todo o posible, ás entidades de acción voluntaria galegas a súa entrada efectiva na Sociedade da Información. Por este motivo, a organización quere poñer en marcha, durante os días nos que se celebra a conferencia, unha serie de actividades relacionadas co fomento, promoción e formación en materia de voluntariado.