Expectativas

Manuel I. Nanín

AL SOL

01 ago 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Os nosos días desenvólvense en medio da frustración. E do desencanto. Aspiramos á felicidade e nin capaces somos de recoñecela. Se acaso algunha vez nos pasa mesmo rozando.

Falamos de felicidade porque dende cativos nos insisten en alcanzala. En chegar a ela. Aínda que ninguén fose aínda capaz de dicirnos en que lugar habita. Quizais por iso, e ante a ignorancia que cada vez máis nos afoga, intentamos crear dende un mirar propio a nosa suposta felicidade. Pois doutra maneira non sabemos vivir. Cando talvez nos axudaría máis mirarnos dende unha certa desesperanza, o cal evitaría moitas expectativas causantes, en boa medida, do noso malestar. Polo que vivir cun algo de decepción non nos viría mal.

Manuel I. Nanín. Librero. 51 años. Ourense.