Leyre Villamediana revalida o título galego júnior

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

Leyre Villamediana, celebrando un dos seus éxitos o ano pasado
Leyre Villamediana, celebrando un dos seus éxitos o ano pasado Ramón Hermida "Lavi" / JC Senín

A iuodoca vilagarciá acudirá ao Campionato de España

14 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

A iudoca vilagarciá do J.C. Pontevedra, Leyre Villamediana, revalidou o pasado sábado o título de campioa galega júnior en menos de 63 quilogramos. Fíxoo con suma autoridade, gañando todos os seus combates.

O Autonómico era clasificatorio para o Sector Oeste, á súa vez corte para o Campionato de España. Con todo, Villamediana non acudirá ao primeiro, ao ter xa asegurada praza no segundo como integrante da selección galega.