O Día da Matria reivindica a identidade galega

La Voz

POIO

24 jul 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • A partir das 19 horas • Praza da Chouza, Combarro • Este martes, véspera do Día de Galicia, o Concello de Poio conmemora o Día da Matria cunha serie de actividades para todas que se desenvolverán na praza de Chousa, en Combarro. En torno ás sete da tarde arrancará unha ruada polo casco histórico á que seguirá un obradoiro de globoflexia para os máis cativos. Posteriormente, comezará o acto institucional que contará con Andrea Jamardo, de Urco Editora e coordinadora da colección As mulleres bravas da nosa historia, e con Eli Ríos, unha das escritoras desta colección. Ao seu termino, procederase ao reparto de bandeiras galegas e a Escola de Gaitas de Poio interpretará o himno galego. A xornada concluirá cun concerto de A Banda da Balbina.