Unhas 2.000 persoas participarán no desfile de Campo Lameiro
28 feb 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Tres concellos da contorna de Pontevedra continúan este sábado coas celebracións de entroido. É o caso de Campo Lameiro, onde unhas 2.000 persoas participarán no desfile que sairá ás 17.00 horas e no que están previsto premios en metálico nas categorías individual e grupos, tanto en infantil como adultos.
E se o eslongan desta celebración é Nin Tenerife nin Río de Janeiro… o mellor entroido está en Campo Lameiro, no veciño Concello de Poio desenvolverase dende as 20.00 horas o Enterro do Mexilón en Combarro. Pola súa banda, en Bueu pecharase a programación de entroido cun Festival de Comparsas no Centro Social do Mar dende as 20.00 horas.