Feminismo, literatura e musica citanse en Pontevedra

Alfredo López Penide
López Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA

ATENEO DE PONTEVEDRA

O Concello de Bueu clausura a programación do Día de Rosalía

26 feb 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Literatura, música e feminismo conxugan a axenda cultural deste xoves en Pontevedra.

MARCOS CREO

Literatura

Hoxe • 19.00 horas • Biblioteca do IES Valle-Inclán • O Ateneo de Pontevedra organiza a presentación de Roxe de Sebes, mil días na montaña, do filósofo Ignacio Castro Rey, editado pola editorial Chan da Pólvora. No acto participarán Xaime Toxo e Daniel Bernardez. Para esta nova edición de Roxe de Sebes, mil días na montaña, libro que desde a súa primeira edición no 2001 se converteu nunha obra de culto, o autor fixo unha revisión fonda do texto e compilou paratextos de distintas épocas, así como se engadiron unha serie de artigos nos que Emilio Araúxo, Lois Gutiérrez e Alberto Ruíz de Samaniego «analizan desde o presente as ondas expansivas que provocou o libro».

Literatura

Hoxe • 19.30 horas • Liceo Casino • No transcurso dunha conversa con Fernando J. Alonso, xerente da Fundación Galega Contra o Narcotráfico, o xornalista Víctor Méndez Sanguos presentará o seu novo libro, Paraíso, no que analiza, entre outras cuestións, «las razones que han convertido nuestro país en una sucursal preferente para el narco».

PLEITO

Música

Hoxe • 20.30 horas • Liceo Mutante • Aproximación ao que «ferve nas Illas Canarias con dous proxectos que presentan os seus novos discos». Por unha banda, Pleito, proxecto persoal de Alba Gil Aceytuno co que explora as «posibilidades do seu saxofón coma instrumento máis alá da súa expresión melódica» e que chega a Pontevedra con Los colores de las piedras. E, por outra, Igb, alter ego de Ignacio González con que propón «unha viaxe centrada nas pezas de guitarra acústica coma eixo central dunhas composicións con fonda sensibilidade e resaibo cinematográfico» e que presenta El invierno. Dende o Liceo Mutante precisaron que se pedirá unha doazón optativa de entre 6 e 10 euros para as artistas.

CONCELLO DE BUEU
 

Literatura

Hoxe • 19.30 horas • Biblioteca Municipal Torrente Ballester • No marco da programación do Día de Rosalía, presentación do poemario Réquiem, co que Eugénio Outeiro Lojo gañou o Premio Johan Carballeira do Concello de Bueu. O acto contará coa intervención do propio autor, da poeta Silvia Penas e de Fran Alonso, director de Xerais.

Obradoiro

Hoxe • 19.00 horas • A Pedreira • Integrantes de Morada de Vigo desenvolven un obradoiro centrado no proxecto da Wikimorada, «espacio de encuentro donde podemos reunirnos para cerrar la brecha de género en Wikipedia a través del conocimiento libre y el acero colectivo». Neste encontro daranse pautas sobre, entre outras cuestión, edición e investigación baixo o convencemento de que o coñecemento libre é unha ferramenta para a transformación social.

Foto de arquivo
Foto de arquivo M.MORALEJO

Gastronomía

Hoxe • 17.00 horas • Mercado • Co título de A cociña Atlántica sabe a tradición renovada desenvolverase a xornada de clausura do Foro de Novos Talentos da Cociña Atlántica. Nesta xornada Andrés Virgos e Sergio García falarán sobre a nova cociña experimental galega, así como se desenvolverá unha nova sesión do Concurso de novos talentos para rematar cunha Sesión DJ e unha cata de viños de autor.