Diana López Varela inaugura en Pontevedra os obradoiros de narrativa de «Mulleres de Palabra(s)»

PONTEVEDRA

Diana López Varela, nunha imaxe do 2019
Diana López Varela, nunha imaxe do 2019 XOAN A. SOLER

Desenvolverase no Edificio Administrativo da Deputación de Pontevedra

21 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Durante tres sesións en xuño, os días 2, 9 e 16, a Deputación de Pontevedra desenvolverá no seu Edificio Administrativo o primeiro obradoiro de narrativa do programa Mulleres de Palabra(s) do Ateneo pola Igualdade. A acción leva por título O persoal é literatura. O uso da primeira persoa na escritura das mulleres e será impartida pola xornalista e escritora Diana López Varela. Require inscribirse en participa.igualdade@depo.es.