«Sete Falares» programa en Pontevedra a «Rota de historias»

PONTEVEDRA

10 jun 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O ciclo Sete Falares adentrase na súa recta final programando este sábado unha sorte de dobre sesión. Así, as 18 horas, na igrexa do convento de Santa Clara programouse a Pepito Mateo.

Posteriormente, e sendo unha das novidades desta edición, programouse a Rota de historias, que partirá desde a igrexa e percorrerá lugares emblemáticos da cidade namentres Adriano Reis, Cristina Verbena, Pepito Mateo, Quico Cadaval e Victoria Siedlecki comparten toda clase de vivencias. Haberá catro quendas (para catro grupos de sesenta persoas) con saída ás 22, 22.20, 22.40 e 23 horas. As invitacións poden recollerse neste templo desde as 21.30 horas para todas as funcións.