A celebración este sábado da Gala dos Premios á Xuventude foi todo un recoñecemento por parte da Deputación de Pontevedra á mocidade da provincia. Presentada por María Soliño e Mónica Salinero, fundadoras da app de turismo Capptus, os premiados recibiron unha escultura realizada polo alumnado da Escola de Cantería. Presentáronse 64 proxectos, dos que trinta resultaron seleccionados polo xurado —16 mulleres, 14 homes e 3 centros educativos— en nove categorías.
Mentres que a de Iniciativa social quedou deserta, non ocorreu o mesmo coa de iniciativa empresarial, resultando seleccionados Cereal Jewels, de Nahir Maceira e Manuel Vila (Vigo); a compañía teatral A Cova das Letras, de Cristina Collazo (Silleda) e, no terceiro premio, ex aequo para Ponteabastos, de Jorge Celso (Pontevedra) e Somosterra, de Eva López e Raquel Gómez (Nigrán).
En educación en valores, tamén ex aequo para os proxectos Sementes de Liberdade, do IES de Poio, e Incómodxs e rebeldes, do IES As Barxas de Moaña. Os de contido dixital recaeron en Neeumátiko, de Nee Barros (Marín), Orixe, de Roberto Pastoriza (Bueu) e para o podcast Descifrando a historia, de David Gesteira (A Cañiza). No eido musical, alzaouse co primeiro premio de clásica Fínis Terrae, de Guillermo Otero Costas (Vigo), quedando desertos os restantes galardón. No ámbito doutras músicas, ex aequo para Vals do esquecemento, de Santiago Guerra (Cambas) e Miss each other before we need , de Ainhoa Mosquera (Moaña) sendo o terceiro premio para Breaking it up, de Héctor e Tomás Cardenal e Adriana Cores (Moaña).
En narrativa breve foron escollidos A mirada paralela dun xirasol, de Pedro Rodríguez (Nigrán), e Día de praia, de Brais Suárez (Vigo), mentres que os de poesía acabaron en Mímese, Diana Vilas (O Grove), e en Bestia Salvaxe de terciopelo, de María Sarrapio (Pontevedra). Na categoría de banda deseñada optouse por SÓ (S), de Ángel Carramal (Pontevedra), Un día ajetreado, de Sabela Domínguez (Marín), e Onde estás?, de Lucía Rodríguez (O Grove).
As mellores series fotográficas foron Xeracións, de Claudia Gómez (Pontevedra), Si la vida es circular, quiero girarla a caballo y en tiovivo, de Regina Chamorro (Gondomar), que tamén gañou o segundo premio en deseño e moda, e La música que compartimos, de David Outón (Sanxenxo). En canto a imaxes individuais, o xurado decantouse por Memoria en materia studiowork, de Lara Cores (Ribadumia), e Dos verdades dos realidades, de Cynthia Gómez (Pontevedra).
En deseña e moda premiouse Haenyo, de Natalia Belén (Vigo) e ex aequo para En flor, de Sergio Vidal (Sanxenxo) e Parsimonia, de Regina Chamorro, así como Ame to tsuri, de Laura Barrós (Pontevedra).
Reacción polo Clima
Pola súa banda, a segunda edición dos Premios Reacción polo Clima recaeron en Adiós ríos, adiós fontes, de Lara Cores (Pontevedra), Puro Aire, de Manuel Albariñas e Yago Rodríguez (Marín e Pontevedra), e Antropoceno destrucción, do Colexio Marcote Vigo SLU. fotos Ramón Leiro
Música en directo y entrega de premios. Quienes se acercaron ayer a la gala organizada por la Diputación de Pontevedra pudieron disfrutar de música en directo y del momento en el que las autoridades hicieron entrega de los galardones a los premiados.
Música en directo y entrega de premios. Quienes se acercaron ayer a la gala organizada por la Diputación de Pontevedra pudieron disfrutar de música en directo y del momento en el que las autoridades hicieron entrega de los galardones a los premiados.