A compañía Malasombra estrea o «Mes do Teatro»

PONTEVEDRA

ANA GARCIA

03 oct 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Dende este domingo, o Concello de Caldas de Reis recupera o Mes do Teatro, «unha cita que xa ten fixa no calendario cultural de outono e que o ano pasado houbo que suspender por mor do covid», precisaron dende o goberno local. A programación prevista comprende cinco representacións teatrais que se poñerán en escena no Auditorio Municipal todos os domingos do mes de outubro (19 horas) sendo a entrada de balde ata completar aforo.

Trátase de obras dirixidas a todos os públicos a partir de 14 anos e para asistir non é preciso facer reservas, peor o emprego da máscara si será obrigatoria en todo momento.

Na xornada inaugural, a de hoxe, a compañía Malasombra trae a Caldas o seu espectáculo Go on!, comedia con Xoque Carbajal e Jouse García na que se parte da idea de que, «logo da chegada do home á lúa, á humanidade só lle faltaba un reto: a chegada do home a Galicia. No ano 2010 (ano 25 despois de Gayoso), dous intrépidos exploradores tiveron o valor de adentrarse nas descoñecidas terras galaicas a través da ruta Xacobea».