O valor engadido de usar o galego nunha marca

PONTEVEDRA

DIPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

08 nov 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A quinta Xornada de Onomástica Galega, que organiza a RAG en colaboración coa Deputación de Pontevedra, desenvolveuse este sábado de xeito telemático debido ás restricións derivadas da pandemia do coronavirus. Nesta sesión, a deputada María Ortega mostrouse convencida de que «o uso do galego nas marcas achega valor engadido no mundo comercial», polo que se mostrou convencida de que é preciso fomentar o uso da lingua propia dentro do eido económico: «Todo o que teña que ver co orgullo dun pobo pola súa cultura, pola súa lingua e identidade dá valor aos produtos».

Na xornada interviron once relatores que analizaron como se transmiten os nomes comerciais en galego, en que se inspiran e como funcionan no mercado. Deste xeito, a académica Ana Boullón sostivo que a elección do galego para denominar produtos, tendas, establecementos hostaleiros ou marcas de todo tipo ten implicacións sociolingüísticas claras e contribúe á normalización.