1 O principal problema é a auga, é necesario recuperar os ríos para garantir o abastecemento e traballar no saneamento integral do concello. Hai que poñer en marcha un plan de promoción económica e do emprego baseado na dinamización turística e comercial de Caldas e na creación de solo industrial coa aprobación do PXOM. Tamén traballaremos pola igualdade de servizos e oportunidades para os veciños do rural.
2 É necesaria a aprobación e desenvolvemento do PXOM para planificar e ordenar o crecemento futuro de Caldas cara zonas non anegables, así como dotarnos de solo industrial con todas as garantías legais para que as empresas poidan xenerar emprego, e reservar solo para a construción de novos equipamentos como un novo centro de ESO, unha escola de música, un centro de día ou novos espazos deportivos.
3 A postura do BNG co encoro foi sempre moi clara e coherente, apostando polo seu desmantelamento. Non podemos entender que os intereses dunha empresa privada pesen máis que un problema de saúde pública que afecta a miles de veciños que non poden dispoñer dun abastecemento en condicións óptimas. A microcistina afecta tamén ao uso lúdico e deportivo do río, polo que é prioritaria a súa recuperación.
4 Consideramos necesaria a comarcalización do territorio e dos servizos, co claro obxectivo de aumentar as posibilidades dos recursos existentes.
bng tino carou