A Organización Non Gubernamental Amarante celebra hoxe a estrea da película Black gold (Ouro negro), dirixida polos británicos Marc Francis e Nick Francis.
O filme narra os esforzos de varias cooperativas en Etiopía por acadar un prezo xusto para o seu café, recoñecido como un dos mellores do mundo. Tamén incide no traballo de Tadesse Meskela, representante da cooperativa, por atopar un lugar no mercado mundial dunha industría moi lucrativa, na que as compañías multinacionais embolsanse máis de 80.000 dólares anuais, o cal, segundo Amarante, converte o café nun produto tan rendible como o petróeleo.
A proxección terá lugar no Teatro Principal, ás 20 horas, con entrada de balde.
A iniciativa enmárcase na Campaña Bo Café que tenta impulsar o café de comercio xusto e apoiar aos pequenos produtores, ademais de dar a coñecer, dun xeito crítico o actual sistema comercial internacional deste produto, como apoio aos labregos dos países do Sur.