A organización Amarante sae a rúa para amosar os seus produtos procedentes de diversas cooperativas
20 dic 2007 . Actualizado a las 02:00 h.A organización non gubernamental para o desenvolvemento Amarante abre hoxe na cidade a feira Ponte o xusto, dentro da súa campaña de Nadal.
A citada organización sae a rúa para achegar aos cidadáns os produtos de comercio xusto de diversas cooperativas. Con tal motivo, haberá un posto de venda na praza da Peregrina, que estará os días 20, 21 e 22 de decembro, e tamén os 2, 3 e 4 de xaneiro, en horario de 17 a 20.30 horas. Alí haberá desde cacaos da cooperativa Oriente de Perú -co que Amarante incorporará o vindeiro mes o seu etiquetado en galego- ata os coñecidos bonecos contacontos de Filipinas, pasando por café, chocolates e turróns, entre outros produtos. Precisamente
Asemade, hoxe haberá un obradoiro de cerámica a cargo de membros da Asociación Arxilarte, que colabora con Amarante nesta feira de Nadal.
Tamén ofrecerase degustacións e máis a exposición Entender o mundo global desde a solidariedade, sobre as consecuencias do actual modelo de consumo e que ofrece pautas de comportamento na loita continuada por un consumo responsable e un comercio baseado nas relacións xustas e igualitarias.
Cine para nenos
Por otra parte, dentro da programación de Amarante para o Nadal, os días 26, 27 e 28 deste mes, na tenda de comercio xusto da organización na rúa da Ponte, 8, haberá un ciclo de cine para os máis cativos.
Cada un deses días, as 11.30 horas, proxectaranse as películas Kiriku en África, O bosque animado, y Madagascar (en versión portuguesa). A entrada é totalmente de balde.