As historias que hai detrás do éxito de seis destacados talentos de Galicia

G. Vázquez REDACCIÓN / LA VOZ

SOCIEDAD

VOZes, o evento organizado por La Voz coa colaboración de BBVA e Vegalsa-Eroski, celebrou a súa terceira edición percorrendo as diferentes traxectorias vitais dos protagonistas

17 jun 2026 . Actualizado a las 23:15 h.

Con luces, pero tamén sombras. Xunto a unha longa listaxe de éxitos nos que houbo que encaixar fracasos. Co apoio da familia e, sobre todo, con traballo e ilusión. Sobre eses cimentos forxáronse as carreiras dos seis talentos que se citaron este mércores en La Voz.

O deseñador Florentino Cacheda, a escritora Ángela Banzas, o empresario Daniel Hermosilla, a chef Lucía Freitas, o produtor musical Kin Martínez, e a artista María Soa, metade de Fillas de Cassandra, foron os protagonistas da terceira edición de VOZes, que se celebrou no museo Santiago Rey Fernández-Latorre.

Arroupados por máis de douscentos convidados de todos os ámbitos de Galicia, ademais de polos subscritores de La Voz, estes seis profesionais debullaron no auditorio como chegaron ata o seu momento vital actual. Un emotivo percorrido que arrancou na súa nenez, coas súas diferentes realidades, ás que lles puxeron imaxe a través de oito fotografías. Todas, diferentes carreiras e percorridos que os converteron en profesionais sobranceiros nos seus sectores.

Organizado por La Voz, coa colaboración do BBVA e Vegalsa-Eroski, VOZes converteuse un ano máis nunha cita imperdible que reivindicou o relato honesto dunhas traxectorias que tantas veces retratou e segue retratando o xornal nas súas páxinas.

O director da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, Xosé Luís Vilela, foi o encargado de darlles a todos os presentes unha agarimosa benvida e de poñer en valor o camiño que percorreron estas VOZes. «Xa saben o mundo de emoción e coñecemento que van experimentar», advertiulles aos fieis a este encontro. Un momento no que tamén remarcou a dificultade de resumir en imaxes toda unha vida. «Hoxe viviremos os grandes momentos dos nosos protagonistas, pero tamén os máis complicados».

De Florentino Cacheda destacou o mérito de forxar unha empresa que é «orgullo de Galicia». De Ángela Banzas subliñou a súa ampla produción literaria «tan pegada á terra». Da literatura ao mundo da innovación a través da historia «dun rapaz ourensán, Daniel Hermosilla, mestre en revolucionar a construción».

Na cociña, de Lucía Freitas destacou a unha profesional que marchou fóra para formarse e «converter a nosa tradición en arte». No mundo da música, Kin Martínez, que non está nos escenarios, pero si «na organización imprescindible» de O Son do Camiño ou o PortAmérica; rematando con María Soa, outra estrela da arte que «leva ao máximo a emoción de Galicia».

VOZes 2026 reuniu no museo Santiago Rey Fernández-Latorre a máis de 200 convidados de todos os ámbitos da sociedade galega xunto a subscritores de La Voz
VOZes 2026 reuniu no museo Santiago Rey Fernández-Latorre a máis de 200 convidados de todos os ámbitos da sociedade galega xunto a subscritores de La Voz VÍTOR MEJUTO

Un proxecto que mira cara á terra, co apoio do BBVA e Vegalsa-Eroski

VOZes chegaba este mércores á súa terceira edición compilando os éxitos que recolleu desde o arranque desta experiencia no ano 2024. La Voz de Galicia, o BBVA e Vegalsa-Eroski volvían darse a man nunha experiencia pola que xa pasaron figuras tan destacadas como Adriana Domínguez, Pepe Solla, Manel Loureiro, Xoel López, Amparo Alonso, Mafalda Soto, Xosé Antonio Touriñán, Carmen Lence, Carlos Núñez, Pepe Vieira, Carlos Arévalo, Jorge Vázquez e Sonia Villapol. Para Dora Carrera, unha das grandes nais de Érguete, que faleceu en abril, houbo homenaxe en forma de vídeo.

Todos, desde deportistas, pasando por investigadores ou artistas, se prestaron a ser as VOZes dun proxecto no que está sempre representada a Galicia máis diversa, tanto no que ten que ver coa súa profesión coma co seu percorrido vital ou orixe.

Os protagonistas deste 2026 foron recibidos á súa chegada polo director do periódico, Rubén Santamarta, que os agasallou cunha caricatura creada polos debuxantes de La Voz Pinto e Chinto. Unha obra gráfica que recolleu a esencia e o universo de cada un deles e que lles provocou risa e sorpresa. A todos os presentes dáballes Xosé Luís Vilela un consello: «Abran os ollos e o corazón e gocen destas historias de Galicia».

Florentino Cacheda, contó su historia vital y la de su firma, en VOZes 2026
Florentino Cacheda, contó su historia vital y la de su firma, en VOZes 2026 vítor mejuto

Florentino Cacheda, deseñador de moda: «O traballo ben feito vale a pena e precisa moito esforzo»

Antes incluso de dar a súa primeira puntada, Florentino Cacheda (Lalín, 1938) sabía que o seu futuro estaría entre teas e agullas. Unha regra non escrita no seu clan familiar ditaba que o primoxénito debía aprender o oficio dos seus antecesores para lograr sortear as dificultades económicas da época. Tivo a sorte de que tanto o seu pai como o seu avó eran xastres: «Ensináronme con seis anos como se facía unha peza, desfacendo cando estaba mal. Agora enténdoo, porque o traballo ben feito merece a pena e precisa moito esforzo».

Despois de facer a mili, traballou en Regojo, unha importante fábrica de camisas de Redondela. Co diñeiro aforrado marchou a Barcelona a completar a súa formación. A súa mirada, porén, nunca se desviou de Lalín, a onde terminou volvendo para fundar a súa marca, Florentino. «A miña primeira decisión foi aproveitar a gran cantidade de costureiras que había para montar un local e comezar a confeccionar de xeito industrial. Desfrutei moito desa época, dándolles traballo a mulleres que, en condicións normais, terían emigrado ou traballado no servizo doméstico», resume.

A súa grandeza é a de ter forxado un imperio desde a súa vila, demostrando que na periferia tamén poden pasar cousas grandes. Creceron como empresa, expandíronse, cruzaron fronteiras e levaron a beleza de Galicia a todos os recunchos do mundo. «Son unha persoa que está contenta consigo misma porque sempre tratei de ser unha persoa ética e correcta na vida»

A día de hoxe, aínda que a empresa a xestiona o seu fillo, continúa axudando en todo o que pode, xa que é o que o fai feliz.

Lucía Freitas recordou os seus inicios e o punto de inflexión da súa maternidade
Lucía Freitas recordou os seus inicios e o punto de inflexión da súa maternidade VÍTOR MEJUTO

Lucía Freitas, cociñeira: «Traballabamos para sobrevivir, vivín varios anos de propinas e cobrando só 700 euros»

Coma «unha nena distinta». Así se definiu unha das grandes dos fogóns. Lucía Freitas (Santiago, 1982) xa atopaba daquela «refuxio na terra, nas plantas e nos silencios», unha esencia que está nas súas preparacións. «Os meus momentos de pracer eran estar na casa cortando leña, ver a Arguiñano, estar co meu pai na bilbaína. Era totalmente feliz».

Recorda a súa adolescencia coma unha de fase de «tristeza e inseguridade», pero pensa que, deses «momentos máis escuros», saíron novas opcións. «Ese camiño foi a cociña. Primeiro como refuxio e despois, coma oportunidade».

«Unha veciña díxome que estudara cociña. Foi iso o que me fixo cambiar e saír do meu contexto e de Santiago. Marchei a Bilbao, onde cheguei sen etiquetas e alí empecei a vivir. Encaixaba», ampliou. 

Xa con 27 anos, regresou a Galicia para construír A Tafona, que empezou como aquela casa de comidas cun menú que non pasou de 15 euros. «Traballabamos practicamente para sobrevivir, facendo de todo e aprendendo cada día. Aqueles anos ensináronme a importancia da paciencia. Tiña poucos cartos e moitas inseguridades. Durmín moito no sofá do restaurante e tardei nove anos antes en ter alguén que me axudara a fregar. Foi moi duro. Vivín anos de propinas e cobrando 700 euros».

Do nacemento de Mauro, o seu fillo, só pode dicir que foi un dos «momentos máis transformadores» da súa vida. Cos medos de ser nai en solitario, o pequeno «converteuse nun motor» e «foi precisamente naquela etapa cando aprendín que a verdadeira fortaleza non consiste en non caer, senón en ser capaz de levantarse».

Coincidiu, ademais, coa saída do seu socio do restaurante e coa oferta de ser unha chef executiva en Nova York. «Todo pasa por algo», pero «non tiña seguridade en min mesma».

Despois chegou Xapón. Tamén a estrela Michelin que lle deu tempo para Mauro e para investigar. «Cando chegou ese recoñecemento, sentín que xa a tiña. Pregunteime non só como quería cociñar, senón para que quería facelo». Desa aprendizaxe naceu Amas da Terra, «o proxecto máis importante da miña vida», que visibiliza ás persoas que «sosteñen silenciosamente a nosa cultura gastronómica e o noso territorio».

«Na parte alta están os homes e na baixa están as mulleres», reivindicou sobre os chanzos da gastronomía e sobre un proxecto que considera de xustiza. «Levo as historias das mulleres das escolas. Gústame que se sintan empoderadas». É o gran soño da que segue sendo «a nena da horta».

Ángela Banzas, finalista del Premio Planeta 2025, durante el VOZes 2026
Ángela Banzas, finalista del Premio Planeta 2025, durante el VOZes 2026 vítor mejuto

Ángela Banzas, escritora: «La ficción me ayudó a refugiarme de la realidad»

Para Ángela Banzas (Compostela, 1982), las puertas importantes son las que se abren al inicio. «Empiezo con la palabra éxito porque la escuchado mucho durante estos meses. Para mí, ese éxito no es llegar, sino salir, empezar, abrir una puerta después de un largo proceso».

Su llave maestra para esa puerta la encontró siendo bien niña haciendo preguntas a los mayores. «Ese afán como motor y el interrogante como marco para acercarme a quienes albergaban más experiencia que yo, nada más que una recién llegada», recuerda Banzas, que describe su maternidad como «un punto de inflexión». 

El parón le permitió recoger historias que le impactaron. «Había una historia que me interpelaba porque me había impactado desde niña. Cuando me convierto en madre, esa historia tiene otra dimensión. Era la de una antepasada mía que era madre soltera. Ella no tenía los derechos que tuve yo, pero ya conocía la importancia de la educación en el ascenso social. Ella cogió los aperos para trabajar de jornalera. Cuando regresó, se encontró con que su niño llevaba tiempo enterrada. Había muerto de una de esas fiebres de entonces».

Fue durante esa época cuando alumbró junto a Random House su primer libro, El silencio de las olas. Con el último, Cuando el viento hable, se convirtió en finalista del Premio Planeta 2025, uno de los galardones más prestigiosos de la literatura en español. Para ella, el logro no habría sido posible sin haber entrenado previamente la capacidad de comprender las emociones y los sentimientos de los demás. De muy pequeña sufrió una grave peritonitis y empatizó con la situación menos privilegiada de otros niños. «Mi paso por el hospital afianzó la empatía, la capacidad de ver en el otro a un semejante y también la importancia de la ficción para refugiarme de la realidad». Descubrió que las palabras no solo daban calor, si no que también creaban universos que tamizaban el caos de la realidad, y que es necesario soñar. De todo eso, ha recogido mucho de lo que es a día de hoy. «Soy dueña de mi tiempo y tengo el deber de demostrar que, con perseverancia, se pueden conseguir las cosas. Es un reto conmigo misma», remató. 

A maleta coa que simbólicamente Kin Martínez comezou a súa carreira na música
A maleta coa que simbólicamente Kin Martínez comezou a súa carreira na música vítor mejuto

Kin Martínez, produtor musical: «Por remoto que pareza, as cousas sempre se poden facer»

A ambición de Kin Martínez (Portas, 1971) cabe na maleta do seu tío Manuel. Cada verán, este cargaba nela un feixe de libros, planos de cidades, enciclopedias e mapas do mundo que o pequeno Kin devoraba sentado no faiado da súa casa. Por aquel entón, de axudar na horta, pasaba o día cos pés negros.

Máis adiante, cando organizou a súa primeira xira por Latinoamérica, decatouse de que, dalgunha maneira, xa estivera alí. Coñecía cada metro cadrado do territorio grazas ás páxinas do seu tío. Tamén sabía ben o que era traballar: «A sucidade nos pés resume o que foi a miña infancia. Tanto os libros como a axuda que prestaba na casa fixéronme soñar».

Martínez é o fundador e director de Esmerarte, unha das principais promotoras musicais de España, coa que impulsa festivais como PortAmérica e O Son do Camiño. Lembra con agarimo o primeiro deles, Cultura Quente, que contou entre os seus primeiros invitados cun novísimo Xoel López. 

A relación entre o músico e o produtor, que tamén exerce coma o seu mánager, remóntase a hai xa 25 anos. Un camiño no que a súa prioridade sempre foi traballar na profesionalización da música e reivindicar «o valor socioeconómico» que xeran as industrias culturais, demostrando que a cultura é un motor estratéxico imprescindible. «Nada do que levo feito sería posible sen o meu equipo. Dan pé a unha idea que ás veces custa implantar: pódense facer as cousas por remotas que parezan», conclúe.

Daniel Hermosilla, CEO de Grupo Rodiñas
Daniel Hermosilla, CEO de Grupo Rodiñas vítor mejuto

Daniel Hermosilla, director xeral do Grupo Rodiñas: «Hai que aprender a perder e seguir vivo tras a derrota»

«Moi pronto aprendín que o mundo é un choque de conflitos». Daniel Hermosilla (Carballeda de Valdeorras, 1972) comezou o seu relato lembrando a súa aldea ourensá. Nese «paraíso verde» pasou a súa infancia, pero alí tamén foi testemuña do cambio daquel lugar. «Vin como as montañas ían desaparecendo pola explotación da lousa. Aínda hoxe me causame unha dor moi grande», confesa. Para o director xeral do Grupo Rodiñas e vicepresidente do Clúster da Construción de Galicia, a contradición era total, xa que parte da súa familia —incluído o seu pai, Gabino— traballaba nesas canteiras. Co tempo entendería que a vida consiste, precisamente, en xestionar estas contradicións.

Daniel Hermosilla puxo en valor o seu paso pola Universidade Laboral de Ourense. Tamén o que lle ensinou o deporte: «Con constancia pódese conseguir case todo», dixo, pero con matices, porque, «ás veces, aínda poñéndoo todo, podes saír derrotado». Para Hermosilla, «a gran lección é que hai que aprender a perder e seguir vivo tras a derrota».

Esa filosofía de resistencia foille de vital utilidade anos máis tarde. No ámbito profesional, este empresario tivo que guiar o seu proxecto en momentos de extrema dificultade, enfrontándose á crise do ladrillo que fixo cambalear a todo o sector. Para complicar aínda máis o escenario, tivo que lidiar en paralelo cunha longa enfermidade.

Superar ese dobre reto, tanto económico como de saúde, non tería sido posible de xeito illado. Por iso, onte recoñeceu con profunda gratitude a importancia capital da súa familia —o seu motor principal— e do traballo en equipo na súa traxectoria. Grazas a eses apoios, as raíces daquela infancia en Casaio transformáronse hoxe no éxito dunha das grandes empresas de referencia no sector da construción en Galicia, deixando unha fonda reflexión final sobre o que de verdade conta nos momentos críticos: «Todo é relativo. Dan igual os soños, os edificios, o importante é a xente da que te rodeas e que che permite saír adiante».

María Soa, de Fillas de Cassandra, durante o VOZes 2026
María Soa, de Fillas de Cassandra, durante o VOZes 2026 vítor mejuto

María Soa, a metade do dúo Fillas de Cassandra: «Coa miña nai empezou o meu amor pola música»

Fillas de Cassandra son Sara Faro e María Soa, e tamén todos os seus camiños ata que se atoparon estas «namoradas da arte». María (Vigo, 1996) explicou como o feito de que xuntaran coñecementos como a pandeireta, a dramaturxia ou a danza acrobática fixo que «o seu proxecto teña moito de performático». Ela tivo na súa nai a mellor mestra de piano. «É a mellor pianista, pero nunca quixo tocar diante do gran público. Tocaba na casa e eu bailaba. É unha das primeiras lembranzas da miña vida. Eu necesitaba estar bailando. Aí empezou o meu amor pola música».

Como alumna, empezou na viguesa Academia Compass, un centro que chegou a dirixir. e que colleu na pandemia como emprendedora. «Foi un xogo que se puxo serio», dixo rindo sobre un reto. «Os pais chamaban preguntando por un responsable. Tamén lidiar coa docencia. Que responsabilidade, pero foi un momento incrible».

Cando os talentos de María e Sara coincidiron no verán do 2021, comezaba Fillas de Cassandra. «Comezou todo a medrar e deixar a academia, ainda que seguín coa docencia ata este ano». Elas coñecéronse tocando nunha manifestación feminista. «Desde entón, non paramos de elixir camiños conxuntamente». Sempre pensando na arte en todas as súas disciplinas. «Cando compartes unha persoa coa que podes compartir todo, é unha liberdade». Foron moi pouco a pouco, colaborando e comezaron a compoñer. «Cando nos coñecemos, era imposible imaxinar todo o que pasou. Non o tiñamos nin soñado». Diso pasaron cinco anos e actualmente, Sara Faro e María Soa están precisamente coa xira do seu último traballo, Tertúlia, que as conduce xa cara un verán de concertos a nivel nacional e internacional. «A nosa carreira foi de boca a boca. Temos unha identidade común e, nin nos comezos, na Sala Capitol, esperabamos tanto apoio incondicional. Naquela cita a xente coñecía todas as nosas cancións e só dos concertos!». Era Acrópole e a liña xa daba toda a volta á sala compostelá. «Ven unha ofensiva conservadora moi forte. Temos que falar como mulleres a través da música». Grandes palabras que rematou cunha fermosa actuación, unha das súas propostas auténticas, que pechou a terceira edición destas VOZes 2026.