Recital de Joshua Redman

La Voz

PONTEVEDRA

PRAZA DA FERRERÍA | 22.30 HORAS

21 jul 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

A praza da Ferrería toma o relevo da do Teucro nos concertos da quince edición do Festival Internacional de Jazz de Pontevedra, coa actuación do grupo liderado polo prestixioso saxofonista norteamericano Joshua Redman. Acompáñanlle Reuben Rogers e Antonio Sánchez na banda. Despois deste recital, o grupo Animales domésticos iniciará tamén as jam sessions no pub Night & Day Jazz Café.