Praza da Ferrería
01 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.Os maios da Asociación Cultural Deportiva de Campañó e do Marcos da Portela de Monte Porreiro foron os gañadores dos premios especial e de centros escolares, respectivamente do concurso celebrado onte na Ferrería de Pontevedra. O de Campañó logrou tamén o segundo posto en maios e os primeiros en cantigas e máis coroas, mentras que os nenos do Marcos da Portela fixéronse co primeiro premio de maios, o segundo de cantigas e o terceiro de interpretaciónl. Os restos dos premios foron en maios, o terceiro para o colexio Froebel; en cantigas, tamén o terceiro, para o IES Sánchez Cantón que tamén se fixo co primeiro de interpretación, sendo o segundo para o colexio de Marcón. E en coroas, Cerponzóns e Froebel coparon a segunda e terceira praza. Os premios estaban dotados con 350, 300 e 250 euros en cada categoría, e 400 o premio especial para centros escolares. Dez maios concurriron ao certame que respectou a choiva, pese a continua ameaza do ceo. Os nenos Candela Fernández López e Borja Sáez Vilas, de 8 e 9 anos, de Monte Porreiro, foron os encargados de dar a benvida ao maio. Recordaron o nefasto paso polos nosos montes do lume primeiro, e das riadas despois, para facer logo un canto a primavera. Despois comezaron as interpretacións dos participantes. Cantigas E nas cantigas, houbo de todo: eleccións, Celulosa, listas de espera, obras na cidade e en Pasarón, circunvalación e os clubes Pontevedra e Teucro xunto con temas das parroquias ou Sinaí e a feira de Barro. «Temos mil ideas novas / todas centradas en ti / sempre miramos adiante / para darche por alí» cantaban os gañadores que engadían: «A Casal e mailo Lores / facían bo matrimonio. / Cheiraron as eleccións / empezaron co divorcio». Mesmo atrevéronse coa Monarquía, ainda que o parto da princesa adiántouse un chisco á copla: «Pedimos sorte Leticia / para a que traes no bombo / pero parade quietiños / xa temos borbóns abondo». Fora de concurso cantaron unhas copliñas os cativos de educación infantil de Os Campos, o futuro dos maios. Todos os nenos e mozos que cantaron levaron un agasallo de recordo, e unha rosca por maio. Ao final, o maio de Campañó, como gañador, repetiu actuación. Anxos Riveiro, Blanca García, Pedro Vila, Fuentes Alende e Carlos Morgade foron os membros do xurado. No concurso participaron cinco maios. A choiva obrigou a retrasar o inicio do certame na Prazuela. Os cinco levaron unha axuda de 30 euros por participar. Os premios foron para o maio da Escola de Música (mellor interpretación), Colexio San Fermín (mellor maio) e para os nenos do Campo da Torre, Gaioso e Fermín Mosquera (mellor copla). Catro maios (San Xulián, Feiticeiro, Porviso e Landeiras) e catro barcos (Tenlo, Rampleiro, Masarico y Mareiro) déronse cita onte en Marín no concurso organizado polo Ateneo Santa Cecilia. A presentación foi na Alameda e o certame no palco da Alameda.