A ritmo de tango

Chelo Lago PONTEVEDRA

PONTEVEDRA

Música | Nova etapa da BMP A Banda de Música de Pontevedra inicia co Seminario de Jazz unha serie de actuacións con agrupacións da cidade e destacados intérpretes galegos

24 feb 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

? Banda de Música de Pontevedra inicia hoxe unha nova etapa coa súa apertura cara a outros colectivos musicais da cidade e destacados intérpretes galegos. E para empezar, nada mellor que o Seminario Permanente de Jazz, unha institución na cidade. A banda e o trío formado por Alejo Amoedo (piano), Marta García (contrabaixo) e Diego Rocha (batería), xunto có saxofonista Rafael Yebra, mestre dese instrumento no Conservatorio Superior de Música de Vigo, interpretarán a obra que da título a este concerto, Concertango, do mestre Luis Serrano Alarcón. O concerto, dirixido polo titular da BMP, Javier Viceiro-Filgueira, será ás 12 horas, no Pazo da Cultura, con entrada libre. O presidente da Sociedade Musical de Pontevedra, Adrián Silva Magdalena, subliñou tamén a presenza do director titular da Banda Municipal da Coruña, o holandés Marcel Van Bree, para dirixir o concerto da BMP previsto para o 29 de marzo, co que rematará o ciclo de inverno. Pero antes, o bombardino Eduardo Diz Sestelo, primeiro premio no Concurso de Xóvenes Intérpretes de Vigo, tocará coa banda pontevedresa o 15 de marzo. Corais En canto a colabouración con outras agrupacións de Pontevedra, estase a preparar un concerto da banda con seis corais da cidade: a do Fogar do Maior, a de Caixa Galicia, Bella Helenes, Polifónica de Ponte Sampaio e as de Campañó e de Xeve. Será o 24 de maio. Silva Magdalena indicou que será un espectáculodigno de ver, con 180 persoas no esceario e que os integrantes das corais recibiron con entusiasmo a proposta deste concerto. Tamén no ciclo de primavera, dentro da nova etapa de apertura da BMP, haberá actuacións de bandas convidadas como a Municipal de Ourense, o 26 de abril, e a Municipal de Silleda, o 10 de maio. Por E a BMP actuará no festival de Vila de Cruces e tamén en Silleda.