Os bos usos da enerxía

La Voz

PONTEVEDRA

Praza da Ferrería Se quere coñecer algúnhas técnicas e trucos para aforrar no fogar e na conducción achéguese hoxe ata o Café Moderno

27 sep 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

Os xoves temáticos da campaña Os bos usos que promove a concellaría de Consumo que dirixe Nieves Cuéllar, achegan hoxe a temática do aforro enerxético. Ás 20 horas, no Café Moderno, Alejandro García, técnico do Instiuto de Aforro enerxético, Inega, dará unhas pautas de aforro de enerxía nos fogares, e Bernardo Parajó Calvo, director da Axencia de Enerxía de Vigo, fará o propio pero aplicado á condución dos vehículos. ?Nieves Cuéllar incidiu no malgasto diario de enerxía e falou das expectativas de consumo a nivel mundial. Segundo as previsións, en 20 anos duplicarase o consumo enerxético. España, lonxe do gasto de enerxía doutros paises máis industrializados, o seu consumo supera ao de todos os paises de África xuntos. A concelleira e Bernardo Parajó avogaron por concienciar á cidadanía para que poña algo da sua parte e se poida reducir o consumo duns recursos que en realidade non son nosos. ?? Cursos de condución Esta charla terá a súa continuidade coa programación duns cursos gratuítos de condución eficiente para o aforro de enerxía e a redución de contaminantes, que se desenvolveran os días 6, 9, 10, 11 e 13 de outubro, no Pazo dá Cultura. Estes cursos, para os que se ofertan 100 prazas, son totalmente gratuítos ao estar subvencionados polo Ministerio de Industria e o propio Concello. Na charla desta tarde repartiranse follas de inscrición que se poderán entregar, vía correo electrónico, na dirección nievescuellar@concellopontevedra.é, ou por fax ao número 986860102, antes do próximo 4 de outubro. ? Outras actividades Parajó Calvo explicou que cos cursos preténdese fomentar unha nova forma de conducir que leva a un aforro comprobado de entorno ao 15 por cento. Tras subliñar que o mellor xeito de aforrar combustible é camiñar, andar en bicicleta ou utilizar o transporte público, indicou que existen técnicas para diminuír o consumo de carburante dos coches. O curso constará dunha charla na que se explicarán esas técnicas, tanto a nivel mecánico, de adaptación aos cambios dos automóbiles, como á hora de afrontar o feito de conducir, analizando algúns hábitos inadecuados. Logo, cada participante efectuará un percorrido urbano, duns 15 minutos, acompañado por un monitor que tomará nota da súa forma de guiar e medirá o consumo. Tras unha nova charla, repítese o circuíto tendo aplicando as técnicas apresas, mídese o consumo e contrástanse os resultados. Máis proxectos Pero Nieves Cuéllar ten outros proxectos para os próximos meses. Así, o 30 de novembro terá lugar o último Xoves temático, dirixido ao consumo responsable, non en balde atopámonos ás portas da época de máis gasto, Nadal e Reis. Ademais, ese mesmo mes haberá un debate aberto a toda a cidadanía sobre o alcohol, no que se tratarán de buscar solucións a ese consumo entre todos os sectores implicados, médicos, policías, asociacións veciñais.... Para decembro haberá unha serie de actividades, entre elas unha nova, como son os cursos de cociña para nenos de 8 a 12 anos, nos que tamén se falará de nutrición e de alimentación responsable, coa elaboración de menús sinxelos e saudables. Tamén se programarán obradoiros de reciclaxe e estará en funcionamento a caseta de consumo na Ferrería. Ademais, como peche de actividades do ano, realizaranse uns menús do Nadal alternativos para aforrar diñeiro nesa época de tanto gasto. Alimentación Nieves Cuéllar destacou que durante este trimestre continuarán as campañas para crear bos hábitos de alimentación, que dedicaranse a colectivos vulnerables, como anciáns, nenos e inmigrantes, con cursos de cociña específicos para eles. E anunciou que tamén se levarán a cabo actividades no cárcere da Lama, dacordo coa dirección do penal, como charlas dirixidas aos reclusos sobre o aforro de auga e tamén obradoiros de reciclaxe e de nutrición. E xa a máis longo prazo, a concelleira ten previsto celebrar un congreso sobre a obesidade e as súas consecuencias para a saúde, que posiblemente se celebre en marzo do próximo ano. ?